GRANALLADO
Acabado similar ao abuxardado tradicional. Proporciona ao granito unha textura rugosa fina e uniforme, realza o tono natural da pedra. Conséguese impactando granalla de aceiro inoxidable sobre a superficie da pedra.
FLAMEADO
O flameado é un acabado rugoso de aspecto vitrificado. Proporcionalle un alto grado de protección contra os axentes atmosféricos.Conséguese aplicando altas temperaturas na superficie do granito.
PULIDO
O pulido é un acabado ideal para conseguir superficies lisas e brillantes. Esta técnica proporciona á pedra maior resistencia ao ataque de axentes externos.Conséguese mediante abrasión.
CIZALLADO
É o acabado máis natural do granito xa que presenta a rugosidade propia do material cando se extrae da natureza. Conséguese tronzando a pedra por presión mecánica.
SERRADO
O serrado é un acabado que deixa a superficie lisa, moi porosa. Dalle un acabado mate e un tono esbrancuxado á pedra. Conséguese utilizando fío ou discos diamantados.
ENVELLECIDO OU ANTICATO
É un tratamento que se consegue mediante o flameado do granito e un posterior suavizado con cepillos diamantados. O resultado obtido é unha superficie de aparencia rústica e tacto suave, válido mesmo para interiores.