Empresa

Granitos Carballido é a denominación comercial de Aridos H. Carballido S.L., empresa fundada polos irmáns Manuel e Joaquín Carballido en 1.991. Localizada no Polígono Industrial de Matela (Outeiro de Rei-Lugo).

Nos seus comezos estivo asociada á extracción de árido, pero no ano 1998, debido a que a explotación estaba chegando ao seu fin, comezouse a incursión no mercado do granito.

Dende entón, a empresa traballou con constancia na adquisición de diversas canteiras para garantir a variedade de produtos.

Posteriormente produciuse unha importante expansión das instalacións e inversión en tecnoloxía de última xeración para mellorar a precisión e calidade do produto final.